Recordo pra un Vicentino

O día 25 de setembro de 2005 cumpríronse oitenta anos da inauguración da nova eirexa de San Cosme de Galgao. Realmente o novo templo consagrouse baixo o título e advocación de San Martiño e San Cosme de Galgao. Así, uníuse nunha soa eirexa, o templo parroquial de San Martiño e o santuario de San Cosme, dado que as dúas construcciós antergas atopábanse en ruinas.

O principal artífice da obra, foi un novo crego que chegou a parroquia un ano antes da conclusión do novo santuario.


 D. José A. Chao Ledo


San Cosme de Galgao. Estampa años 1959-1960

D. José Antonio Chao Ledo tomou posesión das parroquias de Santiago de Quende e San Martiño de Galgao, o día 15 de setembro do ano 1924, por permuta co anterior párroco D. José María Castro López, que comenzara as obras.

D. José Antonio, naceo en San Vicente de Trigás o 23 de marzo de 1888, fillo de Manuel Chao e Javiera Ledo, fixo os estudios eclesiásticos entre os anos 1906 e 1916, sendo ordenado presbítero o 22 de decembro de 1917; celebrou a primeria misa na capela de San Queitano de Mondoñedo, hoxe desaparecida, exerceo como capelán en Lieiro (San Cibrao) o 31 de decembro de 1918. En Marzo de 1920 foi nomeado cura ecónomo de Sadónigas e San Vicente. Durante os tres anos que gobernou as dúas parroquias, foron moitas as veces que ten ido celebrar misa ó San Cosme Vello (O Samordás), acompañado do seo amigo Leonardo Valle, empregado na casa de Chao, onde tamen residía D. José Antonio. Por aquelas datas, pensouse en edificar unha nova eirexa en San Vicente, pero ó ser trasladado de parroquia, todo quedou como estaba.

O día 13 de xullo de 1923, pasou a servir como párroco en Santa María de Quintela, hastra que se fixo cargo de Quende e Galgao.

As obras da eirexa de Galgao comezaron en 1921, pero no momento de facerse cargo D. Gosentoño (como solían chamarlle os paisanos), as obras estaban suspendidas por falla de recursos económicos, despois de invertir unhas 11.000 pesetas no que iba de obra. Para continuar, contábase con 500 pesetas que ofreceo o Ministerio de Gracia e Xustiza, e as 6.127 pesetas como segundo donativo do Bispado. Como todo chegaba a pouco, houbo que aprobeitar os materiais de ámbalas dúas eirexas vellas (canterías, madeiras, etc.)
O día 3 de decembro de 1924, o maestro de obras, D Aquilino Gil, redacta un novo presuposto aproximado para cerrar e cubrir a eirexa:

Construcción de 100 metros superficiales de parede, remate dos arcos do cruceiro e obra de cantería, toda a carpintería e armazón da cuberta, adquisición de madeiras para portas e ventás, de castaño, obra dos serradores para despece de madeiras e carpinteiros, cravos e tornillos grandes para armar as tixeiras e tirantes, uns 15 carros de lousa, que según cálculo prudencial andará polas 5.000 pesetas.

A primeiros de maio de 1925 atopabáse rematada a cuberta da obra, pero fallaba rematar a torre, portas e ventás. Nestes días finou Dª. Filomena González, da familia Bouza de Galgao, gran benefactora das obras, ademais de doar a meirande campa da eirexa do San Cosme.

O meirande desexo desta Señora era que se celebrase o seo funeral no novo templo, como así se fixo, con licencia do Sr. Bispo D. Juan José Solís y Fernández. Este permiso especial era de obriga, xa que a obra taba sin rematar nin consagrar.

O 9 de Xuño de 1925, fírmase un novo contrato de fabricación e colocación de portas e ventás, coas súas correspondentes ferraxes, polo prezo de 2.206 pesetas. Firmaron como mestre de carpintería D. Santiago Pernas e como testigos os presbíteros D. Angel Berea e D. José Mª chao Ledo, todos veciños de Mondoñedo. Daquela, tamén se luceo o interior, e rematou o campanario. É curioso que para rematar a parte principal da torre, levaron de San Vicente unha viga de álamo, delgada e moi longa, para subir as canterías.

O enlucido por fora, foi contratado con D. Francisco Méndez López, veciño de Vilamor (Mondoñedo) pola cantidade de 1.600 pesetas no ano 1931.

Nueva iglesia año 1925

Ó fin, o día 25 de setembro do ano 1925, abreuse por primeira vez ó culto a nova e actual eirexa de San Cosme de Galgao. Ó acontecemento déuselle a maor solemnidade, celebrándose a Santa Misa, oficiada polo actual párroco, que xa o era antes, D. José Antonio, que dirixiu unhas verbas ós numerosos asistentes. Pra rematar, ergueuse acta da ceremonia. Dice así: D. José Antonio Chao Ledo, cura párroco de Santiago de Quende e a súa anexa San Martiño e San Cosme de Galgao, certifico que con esta data foi bendecida con toda a solemnidade para abrila ó culto público, a nova eirexa de San Martiño e San Cosme de Galgao polo Sr. Maxistral da Catedral de Mondoñedo, D. Jesús Blanco Agras, en representación do Sr. Bispo da Diócese, D. Juan José Solís y Fernández. Tamén se certifica que, no momento da bendición, invocáronse os nomes de San Martiño e San Cosme. Foron testigos presenciais os presbíteros, D. Angel Berea Díaz e D. José Chao Ledo que asinan a presente cando Sr. Maxistral D. Jesún Blanco Agras.

O día 27, festividade de San Cosme e San Damián, celebrouse unha solemne función e romaría, escomezando así unha etapa de anos de explendor.

D. José Antonio faleceo o día 20 de setembro do ano 1964, despois de prestar servicio no San Cosme, ó longo de corenta anos.

Jesús Chao Falcón