Queremos lembrar a D. Manuel Legide Castrillón que, ordeado crego no ano 1957, rexentou temporalmente a nosa parroquia na que traballou con moito empeño e interés a pesar da gran cantidade de dificultades e carencias daqueles anos. Finou en Mondoñedo o 1 de Xuño do 2004 ós 70 anos de idade.
Lembramos tamén á nosa conveciña Aurora García García “A Meilana”, finada en xaneiro do ano 2004. Viviu uns anos nesta parroquia onde criou a dous dos seos fillos “Toño e Manolo”, cos que tanto temos brincado cando levabámo-las vacas pra Pena da Roca, ou andabamos ós arandos, ou ó que se cadraba. Os que a coñeceron nos seos bos tempos dicían que cantaba moi ben. Por aquelas quendas a xente cantaba todo día: Sachando o maiz, mondando no trigo, apañando na estrume, e por suposto nas festas e panderetadas, cando non había outra cousa.
Que o Señor cuide deles e díelles o seo merecido descanso.
Germán Chao F.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Te invitamos a que participes activamente | Deja tu comentario.
(Nos reservamos el derecho de no publicar comentarios que puedan ser considerados difamatorios, racistas, obscenos, pornográficos, ofensivos, que promuevan el odio racial, étnico, religioso, homófobo o de género, de violencia explícita o incitación a la violencia, etc.)
Gracias por participar.